domingo, mayo 31, 2009
O gran Seun Kuti e a orquestra Egypt 80 (Pazo da cultura, Pontevedra)
Fela Kuti xa pode descansar tranquilo, pois o seu fillo anda solto e seguindo os seus pasos. Tan solto que, ao mando da orquestra herdada do seu vello, Egypt 80, puxo en pé a todo o auditorio do pazo da cultura de Pontevedra. Cando morreu seu pai, en 1997, Seun só tiña 15 anos. Pero hai cousas que a estirpe perpetúa, couas que melloran xeración tras xeración, pola fixación xenética e o legado dos antergos.
Puro lume foi o que puidemos sentir os poucos espectadores deste xenial concerto. Calor, cores vivas e soños nixerianos cada vez que danzamos cos ollos pechados. Poucos foron quen de permanecer sentados todo o concerto. A banda é pura enerxía afrobeat: catro ventos, dúas guitarras, teclados, batería, dúas coristas-danzantes deliciosas e tres percusionistas máis. Seun Kuti semella un rebelde seminarista nixeriano, con pantalóns brancos aptretados, zapatos brancos de vendedor de churros e camisa branca axustada, que sacou contra o final da actuación para apoteose das féminas. Algúns machos imitaban malamente as danzas das dúas mozas africanas. Este home segue a pegada musical e o compromiso político do seu vello. Os seus concertos son coma unha oración pagana de ledicia, saxo rompente e sabor africano. Se non fora por algúns cambios de ritmo soberbios, as dúas horas semellarían unha soa canción circular, sen acougo. O sosego só se acada ao final. Iso si, Seun Kuti baila moito mellor que o seu pai, quen falaba con bastante máis propiedade e tiña a cabeza mellor amoblada ca el. A pesar de todo, un notable alto. Festa rachada. Funki, jazz, percusión, electricidade e paixón.//ASER ÁLVAREZ
(Texto tomado de la insigne publicación ARRAIANOS)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
A ver si podemos escribir en cristiano o al menos no hacerlo en lenguas bífidas.
Una explosión de sabor y color. Doy fe y entiendo el gallego bastante bien.
Como sabrás, no somos cristianos...
http://kaputmagazine.blogspot.com/2008/10/me-cago-en-dios.html
Panda de satánicos, estais más que kaput desde hace años.
Publicar un comentario